loading

Benvido a Orixe

Convidámoslle a acompañarnos nunha viaxe única polos sabores, aromas e texturas da nosa terra.

          Unha experiencia gastronómica nova e innovadora, nacida no corazón de Compostela, que trae ata os nosos días, o auténtico sabor da nosa historia e a nosa xente, a través dunha proposta que reivindica a necesidade dunha volta ás orixes, a unha cociña pausada, de base atlántica, onde o produto sexa o único protagonista.

         Axuntamos tradición e modernidade, nunha homenaxe a Galicia e ao incansable labor de todos eses Cociñeiros, Labregos, Gandeiros e Mariñeiros, que fixeron da gastronomía galega unha das mellores do mundo.

Cociñeiros

          A elaboración dos nosos pratos constrúese sobre o sabor das lembranzas e dunha nenez ao carón do lume das avoas.

        Precisamente por iso, desde Orixe propoñemos aos nosos comensais a aproximación a un universo gastronómico centrado na memoria dos sabores e en ofrecer a quen nos visita unha experiencia culinaria evocadora, capaz de integrar a esencia das receitas tradicionais e os produtos autóctonos, con técnicas e texturas verdadeiramente innovadoras.

        Todo iso, da man dos nosos cociñeiros, auténticos artesáns das emocións, capaces de poñer en valor unha cultura gastronómica vinculada ás raíces, á terra e a quen a traballou con esmero durante séculos, dando visibilidade ao valor gastronómico do país.

 

Labregos

“A min gustábame ollar os sucos. Sobre todo os que facía a xente non gaspalleira. Parecían un debuxo, cos seus repinicoques, as súas voltiñas de acordo co ancho e o longo de cada leira. Aquilo era unha arte.

Voltei mirar para o río e a comparalo coa vida. Coa vida de todos. A da xente que facía a labra; a dos que estaban lonxe, ou navegando, ou inda non naceran. ¡Que procesión inmensa é o mundo! “

Memorias dun neno labrego, NEIRA VILAS.

         Orixe fai unha marcada aposta pola agricultura ecolóxica e sustentable, por iso as verduras e hortalizas que ofrecemos proveñen de pequenos produtores locais que traballan man a man connosco e confían no noso proxecto.

Gandeiros

“Colle dos carros sin encetar as primeiras espigas. Afastando a caricia da camisa do cosco fica núa a carne de ouro vexetal . E vaillela dando a comer , mainamente, cumprindo un rito de moitos anos.

No ollar garimoso dos bois loce o rendimento agradecido da campía”.

Devalar, OTERO PEDRAYO

         A calidade das nosas carnes é o resultado dunha terra xenerosa e do bo facer dos nosos gandeiros, que souberon manter as pautas tradicionais de produción herdadas de pais a fillos e que hoxe nos permiten gozar dunha carne que destaca pola súa calidade, a súa cor rosada, e o seu excelente sabor.

         Día a día, chegan ata o noso restaurante as mellores pezas de carne vermella, que son escollidas coidadosamente polo noso persoal na Praza de Abastos de Compostela, situada a escasos metros de onde nos atopamos.

Mariñeiros

Polo escuro do mar que vos contruba
ainda hai peixes de lus nos seus abrigos,
mariñeiros de Cangas, meus amigos,
meus irmáns de salitre e sol e chuva.

Solte a ría un exército de naves,
mariñeiros de Cangas, traede as liñas,
que, anunciando o fumazo das sardiñas
polos cons e cabezos cantan aves.

Polas ondas sin muros e sin diques,
polo lombo do Atlántico azulado,
brinca e bufa o arruás todo apurado
perseguindo os banitos i os alcriques.

           Oda os mariñeiros de Cangas, BERNARDINO GRAÑA

           Con máis dun millar de kilómetros de costa, Galicia presume dunha amplísima variedade de peixes e mariscos, que seleccionamos persoalmente, cada mañá, para ofrecer aos nosos clientes un produto fresco e de máxima calidade.

Grupo ORIXE GASTRONOMÍA GALEGA

A filosofía do GRUPO ORIXE GASTRONOMÍA GALEGA plásmase nunha carta centrada nun produto fresco, da terra e de máxima calidade, o que nos permite presumir dun receitario traballado, e do gusto por explorar os nosos propios procesos creativos, respectando en todo momento o valor da tradición e o aprendido.

O compromiso coas nosas raíces, coa nosa orixe e coa calidade que ofrecemos a quen nos visita, son as bases do noso traballo e o noso principal obxectivo.

O RESTAURANTE

Sobre a premisa anterior, nace o Restaurante ORIXE, punto de partida dun ambicioso proxecto orientado a reivindicar a importancia da gastronomía dentro da cultura e a identidade dun pobo.

Unha cociña inspirada “ na cociña dás avoas” que nos permite permanecer fieis a unha cultura gastronómica que é parte fundamental da nosa identidade, unha identidade coa que nos atopamos plenamente comprometidos e que cremos que é necesario reivindicar, difundir e dar coñecer.

Orixe atópase dividido en dúas estancias, O Restaurante e a Taberna Mariñeira, onde madeira, pedra e ferro fundido mestúranse nun espazo coidado, que evoca as distintas dependencias da casa tradicional galega, sempre coa cociña como elemento esencial e núcleo da vida en Galicia.

Ofrecemos unha carta fiel á nosa filosofía, onde poderá degustar os mellores produtos que nos brinda a gastronomía típica de Galicia, sempre baixo un prisma de innovación.

A nosa localización na zona monumental de Compostela, declarada no seu conxunto Patrimonio da Humanidade en 1985, supón un marco inigualable para un restaurante que nace coa intención de situarse como un dos referentes gastronómicos da cidade.

TABERNA MARIÑEIRA

Convidámoslle tamén a descubrir o noso espazo “Taberna Mariñeira”.

Un ambiente informal e distendido onde as ostras da Ría de Arousa, preparadas ao momento e á vista do cliente, son as auténticas protagonistas.

Trátase dun espazo diferenciado dentro do noso restaurante, onde poderá gozar dunha coidada selección de viños en permanente revisión, destacando principalmente a presenza de Denominacións de Orixe de Galicia e que brindan unha inmellorable maridaxe cunha carta de racións que varía en función dos produtos de tempada.

ONDE ATOPARNOS

Atopámonos no centro histórico de Compostela. Na Rúa Casas Reais, situada xunto á chamada “Porta do Camiño”, considerada a entrada principal á cidade amurallada, por ser esta a vía pola que accedían os peregrinos que se achegaban a Compostela procedentes do Camiño Francés, o de maior afluencia.

Aínda que hoxe apenas se conservan restos da muralla que rodeaba a cidade antiga, o seu trazado resulta perfectamente identificable sobre o plano de cidade e resultou determinante na fisonomía de Compostela. Do mesmo xeito que o carácter da rúa intramuros, Casas Reais, que garda aínda a esencia da que foi vía de benvida a visitantes e peregrinos.

Reservas

Fai a túa reserva no restaurante máis orixinal de Compostela

Benvidas a Orixe

Reserva a túa mesa

Horario

Mércores a domingo 13:00 - 16:00 y 20:00 - 00:00 Luns 13:00 - 16.00
Martes Pechado

981 115 092

Contacto

Rúa das Casas Reais 21

15704 Santiago de Compostela

981 115 092

reservas@grupoorixe.com





Información básica sobre Protección de Datos

  • Responsable: Grupo Orixe Gastronomía Galega SL B70522578.
  • Finalidade: A obtención do consentimento para responder as cuestións plantexadas a través do noso formulario de contacto.
  • Lexitimación: Consentimento do interesado.
  • Destinatarios: En ningún caso se cederán datos a terceiros, salvo obligación legal.
  • Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, como se explica na información adicional.
  • Información adicional: Podes consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos no siguiente enlace:

https://orixegastronomiagalega.com/rgpd

Recomendado Restaurant Guru
Top

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies